A Asociación de Actividades Empresariais de Noia dache a benvida ó seu sitio web, onde poderás atopar unha ampla información sobor das nosas actividades de promoción do comercio e a industria de Noia. Entroutros moitos contidos, no sitio web da Asociación de Actividades Empresariais de Noia poderás informarte sobor das diferentes campañas de promoción das empresas de Noia, multitude de galerías de fotos, unha interesante axenda de eventos que se farán en Noia e a bisbarra do Barbanza, interesantes novas sobor dos últimos acontecementos, un completo directorio de empresas de Noia, unha bolsa de emprego destinada a aqueles que buscan traballo en Noia e os seus arredores...
Noia, porto de Compostela, Noia, vila histórica emblemática, abre as súas portas a todos aqueles que saben como disfrutar da beleza que só teñen os recantos máxicos que enchen as nosas rúas, a calidez das nosas xentes e o bo facer dos nosos empresarios. A Asociación de Actividades Empresariais de Noia ábrevos tamén as súas portas e centra os seus esforzos en proporcionarvo-lo mellor servizo posible.
Atopar traballo en Noia nunca foi tan sinxelo como agora, grazas ás ofertas de traballo da Bolsa de Emprego que poderás atopar na nosa web. Traballar en Noia, nalgunha das empresas membros da Asociación de Actividades Empresariais de Noia, é tan fácil como cumprimenta-lo formulario de contacto que atoparás en cada unha das ofertas de traballo do noso servicio web.
Descobre as distintas actividades que temos feito ata agora na Asociación, visitando a nosa sección de Campañas Antigas.
Comproba os múltiples eventos que temos organizado ó longo de todos os nosos anos de actividade, as diferentes campañas promocionais, entregas de premios... A Asociación de Actividades Empresariais de Noia pon á túa disposición un amplo resumo dos actos realizados, que poderás atopar visitanto esta sección.